Skip to main content
Actualidade

O Festival Son de As Pontes organiza a súa segunda edición

Por 2 Xullo, 2019Sin comentarios

Xuventudes Musicais da Coruña, en colaboración co Conservatorio Municipal das Pontes, organizan, por segundo ano consecutivo, o festival de música clásica Son de As Pontes, unha proposta artística e pedagóxica con concertos e cursos protagonizados por algúns dos mellores novos intérpretes do ámbito nacional.

Desde o 8 ao 12 de xullo, decenas de artistas invitados e alumnos que participan no ciclo de novas promesas, achegarán ós ponteses a música de cámara de máis alto nivel. Concertos de vento, de guitarra, cuartetos con piano, pezas de Mozart, Bach, Beethoven, Strauss ou un concerto de Tango son algunhas das propostas deste festival das que poderemos gozar na Casa Dopeso e ó aire libre, na praza de Igrexia de Santa María.

Consulta o horario neste enlace