Skip to main content
Actualidade

Abren as piscinas de Bonxe en Outeiro de Rei

Por 11 Xullo, 2019Sin comentarios

Xa abriron ao público as piscinas do Club de Campo e Tiro de Bonxe que funcionan co seu horario habitual de 16:00 a 20:30 horas de luns a domingo.

Os cursos de natación que desde hai anos organiza o Concello de Outeiro de Rei por estas datas, empezaron tamén.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, grazas ao convenio existente entre o Club de Campo e Tiro de Bonxe e o Concello de Outeiro de Rei , os veciños e veciñas do municipio poden gozar destas instalacións con prezos reducidos.