Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei comezará as súas festas cunha churrascada

Por 11 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Rei xa ten listo o programa das súas festas patronais, que se celebran na honra de San Xoán pero que teñen as súas datas de celebración entre os días 12 e 14 de xullo.

As celebracións darán comezo cunha churrascada popular o venres a partir das 21.30 horas na que poderán participar todos os asistntes e á que seguirá a gran verbena, que nesta ocasión corresponderá ao dúo Los Adrianos.

O día 13 será o día grande. Non faltarán os oficios relixiosos a partir das 13.30 nos que haberá misa solemne. A continuación a sesión vermú estará a cargo do grupo Lecer.

Xa pola noite, este memos grupo iniciará a sesión da verbena na que o prato formte será a actuación de Los Satélites.

O 14 continuarán as celebracións, que se abrirán ás 11.00  horas con pasarrúas a cargo de Gaiteiros de Riotorto polas principales rúas da vila.

Nesta ocasión a misa dará comezo ás 14.00 horas con sesión vermú. Pola tarde, o fin de festa terá lugar no transcurso da verbena, que estará ao cargo da orquestra Superfama, a mesma que se encargará da sesión vermú.