Skip to main content
ActualidadeVilalba

Estudan acusar ao excalcalde Gerardo Criado de prevaricación

Por 12 Xullo, 2019Sin comentarios

O Xulgado de Instrución Número 1 de Vilalba está a investigar ao exalcalde Popular deste concello Gerardo Criado Guizán por un presunto delito de prevaricación administrativa durante o seu mandato como alcalde.

O procedemento iniciouse no ano 2014, trala denuncia dun partido político da oposición que despois renunciou a seguir coa acusación. Despois o Xulgado de Instrución arquivou a denuncia, pero a Fiscalía recurriuna e a Audiencia provincial cree que tras ver os documentos enviados polo Ministerio Público, si que é posible que haxa un delito de prevaricación administrativa.

A Audiencia Provincial recorda que, aínda que Gerardo Criado foi aforado durante un tempo por ser senador, para investigarlle e xulgarlle habería que solicitar un suplicatorio ao Tribunal Supremo, polo momento a investigación tan só trataba de aportar as probas para determinar de si había indicios de delito. Unha vez probado que pode habelos, sería o momento de analizalos.

Nestes momentos, a denuncia atópase en fase de instrución e a primeira dilixencia que se levará a cabo será a declaración do propio Gerardo Criado, que terá lugar o vindeiro mércores, día 17 de xullo.

As denuncias dos socialistas de Vilalba, que desde fai un mes gobernan o Concello, respondían a condutas que, segundo aseguraron no seu momento, foran realizadas “con criterios alleos ao interese público”, como obras de camiños supostamente fraccionadas, pagos de electricidade, pagos de áridos para camiños a empresas, ou a contratación de persoal municipal e a adxudicación de contratos de obras sen os procedementos de selección. As presuntas irregularidades son do ano 2008 e do 2013.