Skip to main content
Actualidade

Curso de educación dixital para todas as idades en Outeiro de Rei

Por 14 Xullo, 2019Sin comentarios

Promovido polo GDR4 Comarca de Lugo, está previsto que o xoves 18 de xullo de 2019 teña lugar unha xornada que baixo o título O Cidadán Dixital, para formar ás persoas asistentes nos principais procedementos informáticos para que os apliquen no seu día a día tanto persoal como profesional.

Entre outros, os procedementos máis destacados que se verán nesta xornada son buscador de información na web, creación e envío de correos electrónicos, realización de trámites con algunhas administracións públicas, manexo de redes sociais, etc.

Esta xornada, sen custe económico para os participantes, celebrarase no Centro Cultural de Outeiro de Rei en horario de 16:00 a 20:00 horas. Todas as persoas interesadas poden facer a súa inscrición no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei ou chamando ao teléfono 982 393 382.

O límite de prazas é de 20 que serán cubertas por orde de inscrición; o prazo estará aberto ata o día 17 de xullo de 2019. O curso tetrá lugar no Centro Cultural, na Aula de Informática.