Skip to main content
ActualidadeVilalba

A parroquia de Carballido de Vilalba celebrará as súas festas o 27 e 28 de xullo

Por 17 Xullo, 2019Sin comentarios

A parroquia de Carballido de Vilalba celebrará as súas festas o 27 e 28 de xullo.

Estas festas, na honra de San Roque, comezarán coa misa solemne ás 13:15 horas, a procesión e a sesión vermú coa orquestra Huracán.

Xa pola noite a gran verbena estará amenizada polas orquestras Huracán e Gran Parada.

Na xornada festiva seguinte, repetirase a misa solemne ás 13:15 horas, a procesión e a sesión vermú, que esta vez estará amenizada pola orquestra Foliada, a cal tamén tocará na verbena da noite.