Skip to main content
ActualidadeMeira

Continúan os cursos de baile de salón do Concello de Meira

Por 18 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Meira comeza hoxe, 18 de xullo, unha nova quenda de cursos de baile de salón para os meses de verán e tras a celebración de edicións anteriores tamén durante os meses de inverno.

As clases terá lugar todos os xoves de 22.30 a 0.00 horas na Casa da Cultura. Terán un custe de 50 euros ao mes por parella e a inscrición poden facerse na Oficina de Turismo de Meira ou no teléfono 618 679 632.