Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba acolle este domingo unha nova edición do Festival Internacional de Folclore

Por 18 Xullo, 2019Sin comentarios

Chega un ano máis o Festival Internacional de Folclore a Vilalba, no que os  grupos de música tradicional locais participarán para na apertura do evento e representando a Galicia con Buxos Verdes, A.C de Andrade e Entre Lusco e Fusco. Acompañarán á Banda de Gaitas de Narón.

Grupos de música e baile tradicional de catro países visitarán Vilalba o 21 de xullo con motivo deste festival que organiza o concello.

Agrupacións que proveñen de Italia, Eslovaquia, Perú e Uruguay regalarán os seus bailes na Praza da Constitución a partir das oito da tarde, previo desfile polas rúas Basanta Silva, Campo da Ponte e Pravia.

A cita conta coa participación por parte de Italia da Asociación Ri Ualenegli, que tamén estarán nas festas das Pontes. Por parte de Eslovaquia participará o Conxunto Folclórico Kincso e de Perú acudo a Corporación Artística Soy del Perú. Finalmente estarán presentes, de Uruguai, o Ballet Folklórico Aborigen.

O festival terá lugar, en caso de que o tempo non acompañe, no Auditorio Municipal Carmen Estévez.

Esta cita, está organizada polo Concello de Vilalba e conta cunha achega provincial da  Deputación.