Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei celebra a Festa da Malla esta fin de semana

Por 22 Xullo, 2019Agosto 22nd, 2019Sin comentarios

O concello de Castro de Rei celebrará outro ano máis a festa da Malla, que este ano chega a súa XIX edición.

A primeira xornada festiva tivo lugar o día 3 coa sega, na finca de Gulpilleiras, e para elo a quedada foi ás 10:00 diante do bar Ruta do Azúmara

A seguinte xornada foi o 18 de agosto coa meda que deu comezo ás 11:00 horas no campo da feira, e ademais coincidiu coa feira e mailo sorteo.

Para rematar este domingo, 25 de agosto, chega a malla, día principal da festa, que comezará ás 10:00 horas no campo da feira. Ao mediodía será o xantar popular amenizado por un dúo musical.

Novamente a organización preparará, como en anos anteriores, uns tickets para mercar os interesados en sumarse á comida, que estarán dispoñibles nos lugares habituais e ata o 20.

Como novidade haberá unha actuación do Mago Antón no seu Magomóvil en sesións de 13:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas.

Un ano máis esta festividade está organizada pola Asociación Amigos da Feira, que leva preto de 20 anos ocupándose desta festa coa que se intenta recuperar unha tradición agraria da zona.

As previsións estiman unha participación de 600 persoas, que é o número de persoas que participaron o ano pasado nesta celebración.