Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba concéntrase en repulsa polo asasinato machista de Sancovade

Por 22 Xullo, 2019Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a alcaldesa, Elba Veleiro, e ás veciñas e veciñas de Vilalba  participaron  na concentración de condena da violencia machista, convocada polo Concello, que se celebrou diante da Casa do Concello, na que se leu un manifesto e se gardou un minuto de silencio en recordo de Mari Carmen Vázquez Cereijo, asasinada pola súa exparella.

Isabel Rodríguez manifestou aos medios de comunicación ao remate do acto que a Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero confirmou que se trata dun caso de violencia machista, co que xa son 2 as mulleres asasinadas en Galicia no que vai de ano.

A subdelegada explicou que “estou aquí, coa alcaldesa e as mulleres e homes de Vilalba, para compartir con eles a súa dor polo asasinato de María Carmen, e para expresar, no nome do Goberno e no meu propio, a miña solidariedade e cariño á súa familia e amigos. Para condenar, unha vez máis, a intolerable violencia machista, ningunha persoa de ben pode mirar para outro lado nin xustificar a violencia sobre as mulleres”.

Pola súa parte, a alcaldesa indicou que “o pobo de Vilalba está triste, conmocionado, indignado e apesadumbrado” por este crime, o primeiro asasinato machista que se produce neste concello, tal como recolle o manifesto que se leu na concentración. “Lamentablemente chegou o día no que lle poñemos cara” á violencia machista, sinala o texto e engade “hoxe en Vilalba estamos de loito”.

A alcaldesa de Vilalba foi a encargada de ler o manifesto, que reflectimos no seguinte enlace