Skip to main content
Actualidade

Mondriz, en Castro de Rei, festexa a Santiago

Por 23 Xullo, 2019Sin comentarios

Este mércores 24 darán comezo en Mondriz, Castro de Rei, as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.

As celebracións darán comezo ás 13.30 horas coa misa solemne seguida da sesión vermú que estará a cargo do grupo M3, que pola noite estará na verbena xunto ao dúo Os Adrianos.

O domingo tamén haberá festa con oficio relixioso ás 13.30 horas, cantado nesta ocasión polo dúo Os Adrianos, que tamén se ocuparán da sesión vermú e da verbena.