Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Este venres dá comezo o Festival de Cine de música de Roca

Por 24 Xullo, 2019Sin comentarios

O vindeiro venres 26 ás 21:30 o actor Xosé Barato pregonará o VI Festival de Cine de Roca, especializado no cine de Música.

A continuación darán comezo as proxeccións dos films seleccionados. Así, o primeiro que se proxectará será Zaniki, de Gabriel Velázquez, que aborda o fascinante universo do folclorista Eusebio Mayalde e a súa vocación por inmortalizar o seu legado a través do seu neto.

Ás 23.30 horas será o tempo de 20 anos de bravío 2994-2014, unha peza que está dirixida por Anna Diz e que analiza a través de eventos e testemuñas o movemento bravú e a celebración dos 20 anos do manifesto de Viana.

O sabado continuarán tamén as proxeccións a partir das 21.30 horas. Proxeccións das pezas do VI concurso de curtametraxes de temática musical do Festival de Cine de Roca, que ten dúas categorías: Galegas e internacionais. En cada categoría, o público escollerá mediante votación unha curtametraxe gañadora que levará un premio en metálico de 100€ e un trofeo artesanal obra de Marcos Ladra, artesán da Terra Chá.

As proxeccións darán comezo con Hora silenciosa, de Noelia Muíño, desenvolvida nun mosteiro en Santiago de Compostela, onde as monxas benedictinas fan as súas tarefas diarias en silencio. Seguirán con O número 100 MJ Perez no Perosinho, de María J. Pérez. É unha curta-documental realizada por Pablo Lomba que xira arredor do concerto realizado por MJ Pérez no Perosinho Cultural o 1 de xullo de 2018.

A continuación, seguirán con Guapo, de Miguel Grandío, no que Lola axuda mediante un peculiar método musical a un mozo con problemas para atopar compañeira.

Ás 22.10 horas terá lugar a proxección das curtas no capítulo de internacionais. Empezarán con Belca, de Tomás A. Wilheml. Samuel é un neno que ten unha familia desestructurada por culpa das constantes discusións dos seus pais. Para fuxir deste pesadelo usa a música, pero cando non dispón dela, a súa imaxinación é a súa única salvación.

Seguirán con Sien, garganta y corazón, de Marta de los Reyes Márquez, cunha peculiar sinopse: Rocío é unha cantaora onubense que, desde os nove anos, dibuxe a súa traxectoria musical dando clases en peñas flamencas e participando en concursos telivisivos para demostrar a súa valía. Soña, aspira alto, cree en sí mesma e teno claro, pero as cousas complícanse.

Compiten tamén Blue Moon, de Dossogne Charlotte, unha evocación á última noite do trompestista Chet Baker en Amsterdam, o 12 de maio de 1988; Armonías para después de la guerra, de Migue Roth e Pablo Tosco, ambientanda nun Kurdistan Sirio que foi destruído a causa de largos anos de guerra; sobre estas ruínas, músicos, poeta, profesores e ducias de nenos e nenas xúntanse para tocar instrumentos para reemplazar os ruídos da violencia.

As proxeccións finalizarán con Yayoflautas, de Jesús Martínez; e Le dernier Colon de Houte-Volta, de Nicolas Bellaiche.

XOSÉ BARATO

Con raíces en Guitiriz, José Luis López Roca, Xosé Barato de nome artístico, criouse na Coruña onde na súa adolescencia se achegou ó mundo da interpretación por medio do grupo de teatro afeccionado Sardina e posteriormente na súa etapa universitaria participou da compañía de teatro Barato, coa que fixo diversos montaxes e da cal provén o seu sobrenome artístico.

De seguido chegaron diversos traballos televisivos e no mundo do teatro que o deron a coñecer, así como no cinema.

Xosé Barato participou en programas como Historias de Galicia, que lle supuxo gañar o premio Mestre Mateo a mellor intérprete no ano 2007, premio que logo volvería gañar no 2009 pola interpretación en A miña famosa familia. Destaca tamén o premio Premio do xurado á mellor interpretación masculina por A liña política no Festival de Cans.

Tralo pregón proxectaranse unha parte das curtas seleccionadas para o festival, xa que o resto poderán verse a noite do sábado para rematar coa entrega de premios.

A asociación Xermolos e os veciños de Roca organizan a sexta edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar os días 26 e 27 de xullo de 2018 na aldea de Roca, en Guitiriz.

Os gañadores desta edición recibirán uns trofeos elaborados para a ocasión, obra do artesán vilalbés Marcos Ladra. Por outra banda, o cartel anunciador deste ano é obra de María Ferreiro.