Skip to main content
ActualidadeMuras

A reunión anual de escolares da Xestosa será o 10 de agosto

Por 29 Xullo, 2019Sin comentarios

Os alumnos que asistiron á escola unitaria da Xestosa, en Muras, celebrarán o sábado 10 de agosto unha nova xuntanza, na que é xa a novena e unha cita obrigada de cada verán.

O obxectivo desta reunión é por en contacto a todos aqueles que fixeron os seus estudios entre os anos 192 e 1986, ano de peche da escola.

O evento reúne habitualmente a preto dun centenar de persoas e conta cun programa de actividades que dará comezo cunha misa ás 13.00 horas, á que seguirá unha comida de confraternidade, na que non faltarán as charlas e anécdotas daqueles tempos.

Trala comida, haberá competicións de xogos tradicionais como tirar da corda, a petanca, a chave ou a rá.

Tamén haberá música a cargo de Spontaneos.

Os interesados en asistir a esta xuntanza, que conta coa colaboración do Concello de Muras, poderán facer as súas reservas nos teléfonos 609 053 324, 669 311 593 ou 600 551 212. O prezo da comida será de 22 euros para adultos e dez para os nenos de ata doce anos e o menú constará de empanada, churrasco, paella, postres, bebidas, café e chupitos.