Skip to main content
ActualidadeVilalba

A parroquia de Samarugo de Vilalba estará de festa o 3 e 4 de agosto

Por 2 Agosto, 2019Sin comentarios

A parroquia de Samarugo de Vilalba estará de festa o 3 e 4 de agosto, na que celebrará as súas patronais na honra a Santiago Apóstolo.

Estas festas comezarán coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e a sesión vermú coa orquestra Compostela. Xa pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Compostela e Fusión.

Na xornada do domingo repetirase a misa solemne ás 13:30 horas, a procesión e a sesión vermú, que esta vez estará amenizada polo grupo Fénix.