Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Destinados 180.000 euros a obras de abastecemento en Prado, Friol

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

Destinaronse preto de 180.000 euros ás obras de abastecemento de auga ao núcleo de Prado, en  Friol, que está a executar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través de Augas de Galicia.

O alcalde destacou que “unhas das canles máis importantes de colaboración do Goberno galego cos concellos é o apoio á planificación, execución e financiamento de infraestruturas hidráulicas, que pola súa complexidade necesitan de investimentos que resultarían moi gravosos para as arcas municipais”.

A obra de abastecemento de Prado inclúe a construción da captación nas inmediacións do núcleo de Silvela, e un depósito con capacidade para 75.000 litros, co correspondente sistema de válvulas e cloración e que funcionará grazas á colocación de cinco cinco paneis fotovoltaicos na cuberta.

A rede de distribución, cunha lonxitude de 10.467 metros,  discorrerá na súa maior parte por camiños públicos; completarase cos elementos necesarios de válvulas de corte, ventosas, desaugues, bocas de rega e unha válvula redutora, albergadas en arquetas prefabricadas de formigón. Os trazados da rede afectarán as estradas LU P-2110 (provincial) e a estrada LU-934 (autonómica), polo que se prevé a reposición dos servizos afectados.