Skip to main content
AbadínActualidade

O Abadinense acusa ao alcalde de non deixarlles usar o campo municipal

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

O ADC Abadinense, equipo da categoría vetaneranos acusou ao alcalde, José María López Rancaño, de “inxusticia e atropelo dos dereitos”, acusación que fan extensiva ao concelleiro de Deportes, Germán Ramil, ao non deixarlles utilizar o campo de fútbol municipal.

Segundo informan os membros do club, “temos prohibido entrar polo tanto non podemos disputar os nosos partidos dende fai xa 3 anos”.

“Un campo que é municipal, polo tanto é de todos, e tanto o alcalde como o dito concelleiro prohíbennos o seu desfrute e poñen desculpas para que ano a ano non poidamos pisalo e polo tanto non poidamos xogar e dar a coñecer o noso pobo, mais os beneficios que iso traería para a restauración local e máis cousas”, recalcan.

O Abadinense indicou que teñen posto o tema en mans de avogados, da Federación de Fútbol e dos grupos de oposición “pero non atopamos maneira de loitar en contra desta dictadura que pon as normas, non a favor do pobo e dos veciños, senon dos seus intereses e amistades”.