Skip to main content
ActualidadeVilalba

O memorial Francisco González de fútbol sala trasládase ao 30 de agosto

Por 26 Agosto, 2019Sin comentarios

A sétima edición do Memorial Francisco Javier González Vázquez de fútbol sala cambia de formato e tamén de data xa que terá lugar o próximo 30 de agosto no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Nesta ocasión haberá dúas citas diferenciadas. Pola mañá terá lugar o tringular xuvenil co enfrontamento dos conxuntos Lugo Sala, Vilala FS e Parrulo Ferrol. Os partidos serán ás 10.15, 11.15 e 12.15.

Pola tarde continuará a competición pero xa para os conxuntos femininos. Participarán as loc cais, o Vilalba FS, xunto ao Castro e A Fervenza.

Este torneo memorial está organizado polo Valdesuso Peugeot Vilalba en colaboración co Concello de Vilalba e a Deputación. A entrada aos partidos será de balde.

Por enriba do xogo e do resultado final, será unha nova oportunidade de homenaxear á figura de Francisco Javier González Vázquez, unha das persoas que máis traballaron polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.