Skip to main content
ActualidadeMeira

Nova edición do Roteiro Avelino Díaz este domingo

Por 30 Agosto, 2019Sin comentarios

Como complemento a actividade festiva desenvolvida en Meira o domingo 1 de setembro terá lugar unha nova edición do Roteiro Avelino Díaz, que chega á súa sexta edición. Nesta ocasión, o sentido da marcha será A Órrea – Meira.

Ademais da ruta, haberá diferentes actuacións musicais, que terán lugar a partir das 13.00 horas.

A hora de partida está marcada para as 10.30 horas diante da casa natal do poeta no lugar da Travesa, na parroquia da Órrea.

Para asistir ao almorzo é preciso anotarse antes do día 29 de agosto. Este terá lugar ás 14.30 horas no pavillón municipal e consistirá nun menú con empanadilla, ensaladilla, codillo de cocho, sobremesa, café, pan, viño e auga, e será de 15 euros para adultos e 10 para nenos.