Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Abre o luns o prazo para inscribirse nas escolas deportivas de Rábade

Por 31 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Rábade abre o 2 de setembroo prazo de inscrición para as escolas deportivas municipais, que contarán coa mesma oferta deportiva que o ano pasado e novidades para os adultos.

Desde atletismo a rugbi, pasando polo fútbol, fútbol sala e baloncesto, tenis, voleibol, zumba, patinaxe, ximnasia rítmica, xadrez, taekwondo, loita, atletismo, balonmán ou tenis de mesa, o Concello conta con continuar un ano máis con este proxecto que promociona o deporte entre os pequenos.

Como explica o concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, “todos os anos ofertamos todos os deportes que podemos pero necesitamos un mínimo de xente para realizalas polo que non sempre podemos pechar todos os grupos”.

Ademais, o Concello continuará co proxecto de escolas deportivas para adultos que colleitou un gran éxito o ano pasado coa ximnasia de rehabilitación e coa zumba. Así, este ano ten previsto incluír fútbol sala e pilates tamén para maiores e non descarta poder fomar un grupo de patinaxe, que xa se formou en anos anteriores.

A intención do Concello é seguir apostando polas escolas deportivas e poder ter os grupos pechados este mes para poder iniciar a actividade o 1 de outubro.

Os interesados en anotarse ás escolas poden facelo no departamento de Cultura e Deportes do Concello lembrando que o prezo por actividade é de 10 euros por persoa ao mes con descontos do 50% por segunda actividade ou irmán. O prazo de inscrición remata o 21 de setembro.