Skip to main content
Actualidade

O Fendetestas das Pontes organiza o III Campus de Rugby do 2 ao 6 de setembro

Por 31 Agosto, 2019Sin comentarios

O Fendetestas das Pontes organiza o III Campus de Rugby do 2 ao 6 de setembro.

Este Campus de rugby está dirixido aos máis novos de entre 6 e 16 anos, e levarase a cabo no campo artificial O Poboado.

Serán cinco días para aprender as regras desta especialidade, as súas tácticas e as xogadas básicas con integrantes do equipo pontés, haberá iniciación a outros deportes, faránse visitas culturais, e despediranse cun Tercer tempo. Tamén haberá agasallos, xantares e pernoctas, que están incluidos no prezo

As sesións irán das 10:00 ás 18:00 horas. O prazo de inscripción pecharase o 23 de agosto e as solicitudes pódense tramitar no correo electrónico fendecampus@gmail.com ou no teléfono 666 11 00 17.

Os nenos que xa sexan xogadores do club pagarán 60 euros; os restantes, 70 euros.