Skip to main content
ActualidadeXermade

Catorce asociacións reciben achegas municipais en Xermade

Por 2 Setembro, 2019Setembro 24th, 2019Sin comentarios

Catorce asociacións culturais e veciñais serán as beneficiadas das subvencións que concede o Concello de Xermade para a realización de diferentes actividades no termo municipal. En total, repartíronse os 334.489 euros da partida orzamentaria destinada a tal fin.

As subvención concedidas oscilaron entre os 650 euros que recibirá a asociación de mulleres rurais Amuraxe para a realización de clases de zumba e o Samín ata aos 350 que lle corresponderon ao Roteiros da Carba pola impresión de escritos.

Con estes cartos preténdese fomentar as outras actividades que se realizan como o campionato de tute, cursos de manualidades, a celebración das festas de San Xoán, Samaín e Entroido, o programa sociocultural en Cabreiros, cursos de solfeo, vaixes culturais e un taller de memnoria.

Os beneficiados terán de prazo ata o 15 de novembro para xustificar as actividades subvencionadas.