Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Preto de 250 animais participaron na feira do gando de Friol

Por 2 Setembro, 2019Sin comentarios

A feira de gando de Friol contou este ano cunha gran participación, xa que pudieron verse uns 242 animais na que é xa a novena edición detea feira.

Entre a totalidade das reses presentes repartíronse os 1.700 euros en premios aportados polo concello de Friol. O premio reservado ao mellor lote de animais foi nesta ocasión para gandeira de Nodar Estrella Buján.

Esta mesma profesional impúxose tamén na categoría de novillas. En becerros de menos de 8 meses foi gañador Rubén Petín, de A Portela. mentres que a gandería Villadangos, de Sabarei, gañou en becerras de mnos de 8 meses e na de touros. Por último, a explotación La Morena, de Nodar, presentou a mellor vaca.

Como en anos anteriores, o xurado do evento destacou a calidade das reses presentadas ao certame, chegadas na súa maioría de explotacións locais e municipios da contorna.

Completouse a actividade da xornada, cunha intensa actividade de compravenda de animais durante toda a mañá, algo que contribuíu a animar a xornada, que contou coa exhibición dun carro tradicional.