Skip to main content
ActualidadeMuras

O Concello de Muras executa obras por valor de preto de 440.000 euros

Por 3 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Muras está a iniciar varias obras englobadas dentro do Fondo de Compensación medioambiental por valor de preto de 440.000 euros. A primeira delas será a execuación do últimos traballos no Cento de Interpretación Medioambiental, ubicado na coñecida dende sempre como Casa do Médico. Neste edificio acondicionarase a parte baixa, que acollerá unha sala de exposicións e un lugar para charlas.

Con esta obra, de gran relevancia para a vila daríanse por terminadas as obras desta instalación, obras que teñen un orzamento de 56.032,96 euros.

Por outra banda, tamén se inciaron as obras de traída de auga á parroquia da Xestosa, que non contaba con este servizo municipal. Estas obras foron criticadas pola concelleira do PP alegando que a forma de levar a auga a esta parroquia suporía dar problemas ás demás en épocas de seca.

O alcalde, Manuel Requeijo, indicou que “a concelleira non é técnica e non é quen de decidir por onde ten que collerse a auga. Nós tampouco por eso seguimos as instrucións que non dan os técnicos”.

Xunto a esta obra estanse a instalar tamén cloradores nas parroquias do Viveiró e Silán, pertencentes a dúas traídas diferenciadas.

Por último, tamén se está a colocar un depósito de acumulación de auga na traída de Irixoa.

Todos estes traballos vinculados ao servizo municipal de augas teñen un orzamento de 358.294,38 euros. Todos eles teñen de prazo de execución ata o 31 de outubro pero o Concello conta con que se lles amplíe o prazo.

PENDENTES

Manuel Requeijo anunciou tamén que queden pendentes varias actuacións no punto limpo que todavía están por adxudicar. Trátase da adquisición de contedores tamaño grande, o pechamento do propio solar con cancelas en bo estado, así como a colocación de portas nunha nave e a colocación de malla e peches vexetais. O valor destes traballos pendentes é 27.367,68 euros.