Skip to main content
Actualidade

A pontesa Saa estará de festa o 7

Por 4 Setembro, 2019Sin comentarios

Saa, no Concello das Pontes, estará de festa o 7 de setembro, que dará comezo coa tradicional misa solemne ás 13.00 horas, e á que seguirá a sesion vermú co Dúo Caramelo.

Despois haberá un xantar popular con langostinos, parrillada de carne, sobremesa, café e chupito, e todo isto por un prezo de 25 euros para os adultos, 15 para os nenos de 6 a 12 anos e será de balde para os menores de 6 anos.

Pola tarde poderán desfrutar de xogos populares, de música e da discoteca móbil, e xa pola noite haberá paella para os asistentes.

A venda de tiquets será  nos bares O Muiño e O Cruce, e para apuntarse haberá que chamar aos teléfonos 699 115 037 ou 648 240 680.

A organización lembra que haberá unha carpa cuberta no campo da festa.