Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Iescha propón cambiar os nomes da Casa da Cultura e da biblioteca de Vilalba

Por 9 Setembro, 2019Setembro 24th, 2019Sin comentarios

Recentemente o Instituto de Estudos Chairegos remitiu á alcaldesa do Concello de Vilalba un escrito propoñendo que a Casa da Cultura de Vilalba pase a chamarse Manuel María e que a Biblioteca Pública Municipal de Vilalba sexa Agustín Fernández Paz.

Estas propostas foron postas en coñecemento do novo equipo de Goberno tras ser aprobadas na reunión de agosto da xunta directiva do Iescha. Así mesmo, aproveitaron para felicitar á alcaldesa polo seu nomeamento.

Desde o Iescha preganlle que propoña á Corporación Municipal a adopción dos dous nomes xa que son dúas emblemáticas personalidades chairegas imprescindibles no ámbito literario galego.

Manuel María, aínda que era natural de Outeiro de Rei, acudía con frecuncia a Vilalba, de feito mencionou esta vila en numerosos poemas. E Fernández Paz, nado en Vilalba e profesor de literatura en diferentes centros, xa ten adicado o premio de Narrativa Infantil e Xuvenil e a biblioteca do Ies Basanta Silva, pero dende o Iescha opinan que ” é unha persoa merecedora dun homenaxe nun espazo público e importante como a biblioteca”.