Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A festa do Ecce Homo de Guitiriz será o 14

Por 11 Setembro, 2019Sin comentarios

A festa do Ecce Homo de Guitiriz será o sábado 14 de setembro no Curro Vello.

A xornada comezará ás 11.30 con pasarrúas a cargo da Charanga BB+, logo ás 13.00 será a misa solemne e a procesión na capela do Ecce Homo.

Ao mediodía será a sesión vermú coa orquestra Los Supremos.

Xa pola tarde chegará a quenda da tradicional carreira de carretillas, e a octaba festa da escuma e da auga.

Ás 20.30 poderanse degustar liscos, pan e viño de balde, e todo elo amenizado pola Charanga BB+ e xa pola noite haberá a gran verbena a cargo do trío Élite e a orquestra Los Supremos.

A organización lembra que no descanso farase o sorteo dunha televisión de 43 pulgadas e un cabrito.