Skip to main content
ActualidadeVilalba

Codesido celebra as súas festas esta fin de semana

Por 13 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Codesido en Vilalba estará de celebración o sábado 14 e o domingo 15, na honra da Virxe dos Remedios.

As festas darán comezoás 12:30 horas, coa misa na capela dos Remedios de Codesido presidida polo señor bispo de Mondoñedo e Ferrol, despois será a procesión e a sesión vermú que estará amenizada pola orquesta Pontevedra.

Xa pola noite haberá verbena de novo coa orquestra Pontevedra e co trío Carpe Diem.

O domingo repetiranse o oficios relixioso ás 12:30 horas, a procesión e a sesión vermú con Innovación.

A organización recorda que haberá campo cuberto con carpa.