Skip to main content
Actualidade

O domingo terá lugar a VI Ruta BTT Terras do Eume

Por 13 Setembro, 2019Sin comentarios

As Pontes acollerá o domingo 15 unha nova edición da Ruta BTT Terras do Eume, a VI. Terá lugar a saída diante do Concello a las 09:00 horas.

Haberá tres rutas diferentes para todos os públicos, un roteiro curto dun 25 km con 650 metros de desnivel acumulado (Nivel físico baixo/Técnico Medio), un roteiro intermedio de aproximadamente 44 km cuns 1.100 metros de desnivel (Nivel físico medio – alto / Técnico medio-alto) e un terceiro trazado longo duns 48 km cuns 1.200 metros de desnivel acumulado (Nivel físico alto – Técnico medio-alto).

As inscricións abriron o martes 6 de agosto e pecharán o 11 de setembro ou no momento no que se chegue ao número máximos de participantes, que este ano é de 300 polo gran número de solicitudes rexistradas en anos anteriores.

O prezo do roteiro é 10 euros para federados e 10 euros máis no caso contrario. Ao finalizar o roteiro, quen o desexe poderá unirse a un xantar conxunto.