Skip to main content
Actualidade

A parroquia de San Julián de Mos, de Castro de Rei, estará de festa o 20, 21 e 22

Por 18 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de San Julián de Mos, no Concello de Castro de Rei, estará de festa o 20, 21 e 22 de setembro nas que celebrará as súas patronais na honra a San Julián e Virxe da Saleta.

Os actos darán comezo o venres 20 cunha churrascada popular gratis para os asistentes que estará amenizada pola orquestra Principal.

O sábado ás 13.30 horas será a quenda da misa solemne seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra La Ola ADN, que será a mesma que poña a nota musical pola noite xunto a orquestra América SL.

O domingo continuarán as celebracións relixiosas ás 13.30 e despois será a sesión vermú a cargo da orquestra Xacobeo.

A organización recorda que haberá campo cuberto con carpa.