Skip to main content
ActualidadeXermade

Mañá da comezo o XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Xermade

Por 19 Setembro, 2019Sin comentarios

Esta fin de semana arrinca o XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro, no polideportivo municipal de Xermade.

Este evento internacional de Torneiros de madeira contará coa presenza de expertos e profesionais da artesanía como os franceses: Alain Mailland e Bernard Azema; o castellonense Quique Prades e o galego Lolo Castro. Durante o encontro, os visitantes poderán asistir á demostracións en vivo e ademais haberá postos de venda de maquinaria, ferramentas artesanais, publicacións e camisetas conmemorativas, así como exposicións de pezas torneadas en anteriores edicións. As pezas máis estéticas e mellor elaboradas desta edición serán seleccionadas para a exposición itinerante CONtornos 2019-20.

 

Programación 

Venres, 20 de setembro

  • 13:00 horas: Inauguración oficial.
  • 13:15: Homenaxe recordatorio de Fernando Vérez e Miguel López
  • 10:30-19:30 horas: Demostracións para inscritos: Alain Mailland, Bernard Azema,   Quique Prades e Lolo Castro.
  • 10:30-19:30 horas: XII CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2018-19. Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

Sábado, 21 de setembro

  • 10:30-19:30 horas: Demostracións para o público: Alain Mailland, Bernard Azema, Quique Prades e Lolo Castro.
  • 10:30-19:30 horas: XII CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2018-19. Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
  • 16:00-19:30 horas: Espazo de iniciación ao torneado supervisado por monitores.
  • 18:00-19:30 horas: Escolma das pezas para a Exposición Itinerante XIII CONtornos 2019-20.

Domingo, 22 de setembro

  • 10:30-14:00 horas: Demostracións para o público: Alain Mailland, Bernard Azema, Quique Prades, Lolo Castro.
  • 10:30-13:00 horas: XII CONtornos, Exposición Itinerante de madeira torneada 2018-19.Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López.
  • 10:30-14:00 horas: Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.
  • Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
  • 13:00 horas: Recollida das pezas de XII CONtornos.
  • 10:30-14:00 horas: Presentación da Exposición Itinerante XIII CONtornos 2019-20.
  • 13:00 horas: Clausura oficial.