Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Iescha entregará a placa de socio de honra a Alfonso Blanco no Día da Cultura Chairega

Por 20 Setembro, 2019Sin comentarios

Como cada mes de setembro, o Instituto de Estudos Chairegos ou Iescha, organiza o Día da Cultura Chairega para lembrar ao poeta Manuel María no seu cabodano.

Este ano 2019, o Iescha invita a todas as persoas interesadas a asistir ao acto de homenaxe que terá lugar o venres 20 de setembro ás 20:30 horas, no auditorio municipal de vilalba, con entrada totalmente libre e gratuíta.

O programa deste ano está terá un gran concerto musical a cargo do grupo Habelas Hainas, e a entrega da placa de socio de honra do Iescha a Alfonso Blanco Torrado.

Na Asemblea Xeral do Iescha deste ano, aprobouse por unanimidade outorgar o nomeamento de Socio de Honra do Iescha a Alfonso Blanco Torrado, polo seu inquebrantable compromiso na defensa da cultura galega en xeral e chairega en particular; polo seu desinteresado traballo a prol da convivencia veciñal e da xustiza social; pola súa participación na organización de innumerables eventos de carácter literario, musical, artístico, así como pola súa entrega e axuda aos demais, especialmente á xuventude.

Dende a primeira edición, teñen pasado grupos e cantantes tan senlleiros como Milladoiro, A Quenlla, Vichelocrego, Xarín, Buxos Verdes, Uxía, Os D’Abaixo, A Banda de Musica de Vilalba, A Coral Polifónica Vilalbesa, A Banda da Loba, Os D’Abaixo; proxectado películas coma a do chairego Jorge
Coira, 18 Comidas; realizado recitais poéticos ou dramatizacións de obras de Manuel María; conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, etc.