Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz publica a concesión da Casa Barxa para cafetería e uso sociocultural

Por 21 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz vén de facer público o proxecto de concesión da Casa Barxa para destinala a cafetería e que poida albergar tamén actividades socioculturais.

Tal e como viña facendo ata o de agora, e debido á xubilación da persoa que está a xestionar a cafetería da Casa Barxa, o goberno local considera convinte realizar unha concesión de uso privativo deste ben para que sexa xestionado por un particular.

O Concello pretende que a planta baixa sexa utilizada para cafetería e na planta alta se leven a cabo as diferentes actividades socioculturais. Os participantes na licitación poderán propoñer que tipo de accións levarán a cabo na planta alta.

A concesión será gratuíta e o Concello soportará os gastos de electricidade, auga e lixo, así como os de mellora da instalación. O concesionario farase cargo dos labores de conserxería (apertura e peche das instalacións no calendario e horario establecido), xestión da cafetería e das actividades socioculturais e limpeza e mantemento ordinario.

O proxecto estará a información pública durante un prazo de 30 días e os interesados xa poden consultalo tanto na páxina web municipal como na sede electrónica.