Skip to main content
ActualidadeCultura TERRACHÁXAGuitiriz

O IES de Guitiriz acolle a mostra ‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’

Por 21 Setembro, 2019Sin comentarios

Este luns, 23 de setembro, ás 12.15 horas, no Instituto de Guitiriz, vaise inaugurar a exposición Os nove anos de Fraguas en Lugo, mostra preparada polos antigos alumnos de Antonio Fraguas na provincia, aos sesenta anos da súa marcha do Instituto lucense, por térselle dedicado ao profesor o Día das Letras Galegas deste ano.

A iniciativa, que foi posible grazas ao departamento de Política Lingüística da Xunta de Galicia, comprende a exposición, un libro e unha web, e foi iniciativa do profesor Manuel Regueiro Tenreiro, recentemente falecido, e nela participaron o historiador Antonio Prado, e os antigos alumnos de Fraguas Xulián Parga, Paco Martín e Xulio Xiz.

A mostra estivo no Instituto Lucus Augusti der Lugo, o Instituto lucense de Fraguas, para seguir polo Instituto Rosalía de Castro e o Antonio Fraguas de Santiago, a Casa das Letras de A Estrada, a Biblioteca Provincial de Lugo, Casa de Cultura de Vilalba, e Ateneo Ferrolán, comezando agora un percorrido por institutos da provincia, e institucións como o Centro Galego de Salamanca ou o Pazo de San Roque en Santiago.