Skip to main content
A PastorizaActualidade

Veciños da Reigosa organizan unha viaxe á Feira do Marisco do Grove

Por 25 Setembro, 2019Sin comentarios

A Asociación de Veciños da Reigosa organiza unha excursión para os veciños á Feira do Marisco do Grove, que terá lugar o 5 de outubro.

As previsión son que a viaxe saia ás 9.00 horas e volva ás 22.00 ao Centro cultural e Social de Regiosa, edificio Mariña Folgueira.

O prezo da excursión será en funcion das persoas que se anoten xa que só se pagará o autobús porque o xantar e a visita á feira será de xeito individual.

Os interesados en participar poden confirmar asistencia antes do día 1 de outubro no teléfono 658 264 473.