Skip to main content
ActualidadeVilalba

Os populares de Vilalba demandan un pleno urxente para tratar o peche de Endesa nas Pontes

Por 1 Outubro, 2019Sin comentarios

O PP de Vilalba vén de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario cun único punto na orde do día que sería a adoptación de medidas que salven o futuro da central térmida das Pontes.

Os populares piden que o pleno amose amosa todo o seu apoio e solidariedade cos traballadores da Central Térmica de Endesa en As Pontes, coa industria auxiliar e cos transportistas vencellados a ela e co Porto de Ferrol, esixindo do Goberno de España a aplicación de medidas urxentes para garantir a inmediata reapertura da central das Pontes, e no caso contrario, a dimisión da Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, principal responsable da situación da central pontesa.

O PP presentou na súa solicitude unha exposición de motivos que a Central Térmica das Pontes é o maior grupo de produción de enerxía de Galicia, dá emprego directo a 700 persoas e xera un impacto económico na zona de 80 millóns de euros ao ano.

Como aclaran, dende marzo de 2018 a instalación estaba inmersa na adaptación á Directiva de Emisións Industriais da Unión Europea, comprometendo un investimento de 217 millóns de euros para garantir unha alta eficiencia ambiental e cumprir máis aló dos requisitos desta norma comunitaria.

A Central Térmica acordou a paralización da súa actividade dende hai cinco meses e suspendeu gran parte da execución do investimento previsto, como consecuencia dunha política enerxética desordenada por parte do Goberno de España que avoga polo abandono anticipado do carbón sen dar resposta ás consecuencias en termos de actividade económica e emprego nos territorios afectados, nin en termos de garantías da subministración eléctrica a un prezo competitivo.

“Esta situación xa viña sendo moi preocupante polas súas consecuencias sobre os traballadores empresas e sectores, en xeral, vinculados a esta central, especialmente os transportistas, que levan cinco meses sen poder traballar”, din.

O pasado día 27 de setembro, Endesa comunicou a descontinuidade da produción das súas centrais térmicas, entre elas, a de As Pontes, “é dicir, o seu próximo peche. Esta decisión ten unhas implicacións dramáticas para Galicia, en xeral, e para as comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal, Terra Chá e Mariña Lucense en particular”.

Este peche materializaría a perda de centos de empregos nestes concellos e tería un impacto económico e social cunhas consecuencias dramáticas para estas comarcas. Non podemos tolerar esta situación nin manternos impasibles ante o desmantelamento dun sector económico que xera moita riqueza e do que viven centos das nosas familias e, por iso, debemos amosar a unidade de acción que os nosos veciños se merecen para denunciar este novo castigo e esixir inmediatamente solucións que garantan o futuro e os empregos e eviten una nova reconversión industrial nesta zona.