Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A tradutora guitiricense Antía Veres recibe un premio

Por 5 Outubro, 2019Sin comentarios

A tradutora guitiricense Antía Veres Gesto recibiu en Corcubión o XVIII Premio Plácido Castro de Tradución por Unha muller perdida, tradución ao galego da orixinal A Lost Lady, de Willa Cather. O xurado valorou no seu traballo “a capacidade de recreación da autora así como o acerto do uso dun galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera orixinal da novela. Ademais chamou a atención sobre a significación da autora e a obra elixidas, inédita ata agora no noso sistema literario, que gozou sempre de amplo recoñecemento tanto nos EUA como a nivel mundial”.

Este prestixioso premio, que leva o nome do ilustre corcubionés Plácido Castro del Rio, escritor, xornalista, traductor e político, chega este ano á súa XVIII edición.

Antía Veres Gesto licenciouse no 2013 en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Dende entón, dedícase á tradución, ámbito no que traballa en varios proxectos, entre os cales destacan os de tradución literaria.