Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba representará o domingo a obra Elisa e Marcela

Por 11 Outubro, 2019Outubro 13th, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba acollerá a representación da obra Elisa e Marcela o domingo 13 de outubro.

A obra poderase ver no Auditorio Municipal ás 20.00 horas, e trata sobre a historia do primeiro matrimonio entre mulleres do que hai constancia documental, adiantándose máis dun século á súa legalización no noso país, 2005.

Unha historia ambientada no ano 1901, na Coruña, na que veranse persecucións policiais, cambios de identidade e informacións manipuladas. Unha reconstrución irreverente dun suceso real, e unha comedia musical onde o verídico parece invento.