Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade convoca a súa carreira popular anual para o domingo

Por 11 Outubro, 2019Sin comentarios
O domingo terá lugar a X Carreira Popular organizada polo Concello de Xermade a partir das 11.00 horas, con saída da praza do Concello (no caso de que o tempo non o permita será desde o pavillón polideportivo) e discorrerá por vías do concello de Xermade.

A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

O novo circuíto contará de dez quilómetros e será sobre asfalto. Haberá dúas carrreiras, a primeira, ás 11.00 horas, para pequenos e a segunda, media hora máis parde, para adultos.

O prazo de inscrición, que xa está aberto, pode facerse na web www.carreirasgalegas.com antes do xoves 10 de outubro as 23.59h.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo. Na categoría de Pitufos e Promoción haberá medallas para todos os participantes.  Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.

Nas categorías dende Sub-10 ata Máster C: trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.

A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 12:50h.

Os participantes contarán con aparcadoiro gratuíto, camiseta para a de adultos, baños na zona de saída-chegada, recollida de dorsais e imperdíbeis, vestiarios e duchas no pavillón municipal, roupeiro custodiado por voluntarios da organización, avituallamento ao final de cada carreira, avituallamento líquido no km 5 da carreira de adultos e ambulancia con médico .