Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Festa da Xuventude de Lanzós prepara dous días de festa

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

A comisión da Festa da Xuventude de Lanzós, no Concello de Vilalba, organiza para os días 19 e 20 de outubro a sétima edición da súa festa.

Esta festas sera no campo da festa do Adro

A xornada, dará comezo o día 19, cunha misa solemne seguida da sesión vermú que estará a cargo do dúo Los Adrianos.

Despois haberá un xantar popular con empanada, embutidos ibéricos, polbo, churrasco e postre e café, por un prezo de 25 euros, mentres que o menú infantil será gratis. Para poder participar haberá que apuntarse e o prazo finaliza o día 15.

Xa pola tarde haberá inchables para os cativos e música a cargo da Charanga Mekanica Rolling Band e, pola noite, coas orquestras Cinema e La Fórmula.

Tamén sorteos para os asistentes, onde poderán gañar unha televisión, queixos de San Simón da Costa ou 800 euros. As rifas e as camisetas da festa xa están a venda.

Ao día seguinte, o domingo, volverá o oficio relixioso e a sesión vermú con Los Adrianos, co que se dará por rematada a festa.