Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Convocado un concurso de poemas para pedir recuperación dos frescos dos Vilares

Por 25 Outubro, 2019Outubro 28th, 2019Sin comentarios

A asociación sociocultural Lareira de Soños e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitírica veñen de convocar un concurso de poesía dentro da súa campaña Salvemos os frescos dos Vilares.

Os organizadores deste concurso indican que o estilo, métrica e idioma son libres pero o prazo límite de recepción dos poemas será o 30 de novembro.
Esta iniciativa busca coa poesía reivindicar ás administracións públicas a restauración destas importantes pinturas do século XVI. Os poemas recibidos serán publicados nas redes sociais das dúas entidades e unha vez recibidas todas serán enviadas ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e aos titulares da Igrexa, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Guitiriz. Tamén serán editados en formato dixital para a súa descarga gratuita.

Os poemas poderán enviarse ao correos dosvilares@gmail.com e nnpggazetagmail.com.

A iniciativa busca sensibilizar ás diferentes administracións para evitar a perda destas importantes obras artísticas (están incluidas na lista vermella do património  estado) de estilo gótico hispano-flamenco dos mestres de Parga e Nogueira.

A acción  poética culminará con un recital poético para reclamar a restauración dos frescos.