Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade comeza en novembro os cursos e as actividades nas parroquias

Por 28 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Xermade iniciará o en novembro unha seri de cursos e actividades repartidas nas diferentes parroquias do termo municipal.

Estas actividades desenvolveranse mensualmente e está dirixidas principalmente aos veciños do Concello. A inscrición para as mesmas pode realizarse ata o 31 de outubro no Concello ou por teléfono no 982 501 001.

O programa establece un curso de manualidades que se desenvolverá en Cazás, Miraz e Ropar; outro de cosutar en Ropar tamén.

Haberá pilates en Xermade, Cabreiros, Burgás, Piñeiro e Momán.

Para pequenos haberá un de manualidades en inglés en Xermade, na Casa da Cultura, de 12.00 a 13.00 horas. e outro dirixido para mulleres de dfeensa persoal o primeiro e o terceirso sábado de cada mes entre as 17.30 e as 19.30 horas.

Así mesmo, están programados cursos de xabóns, cosméticos e cremas en febreiro en Momán, en Xeramde en marzo e en Candamil os sábados de abril. Este terá un prezo de 15 euros e o prazo de inscrición comezará un mes antes de inicio do curso.

Os resto dos cursos terán un prezo de 49 euros os de defensa persoal e manualidades en inglés, de 42 os de manualidades e costura e de 40 os de pilates.