Skip to main content
ActualidadeBegonte

Castiñeiro Milenario celebra o Samaín o día 31 en Begonte

Por 29 Outubro, 2019Sin comentarios

A asociación cultural Castiñeiro Milenario celebrará outro ano máis o Samaín e para iso imos farán un percorrido por Baamonde e Pacios o 31 de outubro, cantando por algúns dos bares da contorna.

Os participantes están chamados a presentar unha indumentaria axeitada para a ocasión. A idea é que ir de negro, as mulleres con pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar.

O lugar de saída será no Taberna do Labrego, ás oito e media da tarde para ir visitar algúns dos bares de Pacios e logo ir ata Baamonde. O desprazamento entre bar e bar farase en procesión entoando unha cantiga ben arrepiante.