Skip to main content
Actualidade

O IES Terra Chá acollerá unha serie de actuacións contra a violencia de xénero

Por 4 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei en estreita colaboración co IES Terra Chá, está a desenvolver un programa cargado de iniciativas para a prevención da Violencia de Xénero dirixido á mocidade con cargo ao Concello e aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade.

O programa deu comezo en outubro e prolongarase ata decembro varias actuacións a desenvolver nas instalacións do propio IES Terra Chá. A primeira consiste en obradoiros de Prevención e eliminación de estereotipos de xénero, dirixidos a 1º, 2º e 3º ESO mediante a reflexión sobre a imaxe da imaxe da muller e do home en diferentes contextos: Filmes e contos tradicionais, series televisivas, publicidade, moda…

Así memo haberá un obradoiro teatral de Prevención da violencia de xénero dirixido a 4º ESO e FP Básica a través da compañía Máis que Teatro. Continuarán coa proxección do filme documental Tódalas mulleres que coñezo e foro posterior aberto pola directora cinematográfica Xiana Teixeiro, dirixido a 1º e 2º Bacharelato e FP Básica.

Rematarán cun acto final Contra a Violencia de Xénero, onde terán cabida as representacións teatrais elaboradas por 4º ESO e FP Básica, contando coa colaboración, entre outras, do bailarín internacional Jandro Pallares (Ritmo Lugo), que ten participado en varias actividades deste tipo e que incluso levou a un campionato internacional unha coreografía baseada na violencia de xénero.

“A colaboración interinstitucional entre o Concello de Castro de Rei e os centros educativos da zona adquire día a día unha maior solidez que se transforma nunha suma de esforzos encamiñada a apoiar o desenvolvemento da mocidade e, neste caso ademais para loitar contra unha problemática que nos afecta a todas e a todos”, indican dende o Concello.