Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol acolle unha xornada sobre Celestino Fernández de la Vega

Por 7 Novembro, 2019Sin comentarios

A asociación Carballo Vivo de Friol organiza para este sábado, 9 de novembro, unha xornada na honra de Celestino Fernández de la Vega que leva por título Cilistro, veciño de Frio, Filósofo do mundo.

A sornada comezará cun roteiro a pé, ás 16.15 horas, polos lugares de nacemento de Celestino neste municipio.

Sobre as 17.45 horas dará comezo o relatorio Celestino Fernández de la Vega, impresións dunha vida, que estará cargo de María Xesús Vázquez Lobeiras.

Finalizará a xornada cunha narración oral e humor de Lois Pérez que leva por título O segredo de Cilistro: nin cómico nin tráxico. Será a partir das 18.30 horas.

Todos estes actos terá lugar no centro sociocultural de Friol, son gratuítos e están abertos a toda a poboación.