Skip to main content
Sin categoría

As Pontes acolle unha xornada sobre a actividade resineira

Por 10 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello das Pontes acollerá o 15 e 16 de novembro unha xornada formativa sobre a actividade resineira.

Esta charla dará comezo o día 15 ás 18.00 horas no Centro Administrativo Pontés e será unha xornada teórica sobre resinación nos montes galegos.

Ao día seguinte, haberá unha saída aos montes de Somede para facer unha pequena práctica.

A xornada será impartida por Raúl Vilela Darriba, xerente de Alternativas Forestais e Enxeñeiro Técnico Forestal  e por Xián Santos Zarazo, socio fundador de Arega e Técnico Forestal.

Para máis información e formalizar as inscricións haberá que chamar ao 981 440 668 ou no email info@euroeume.org.