Skip to main content
Actualidade

Brais Morán, en concerto na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

O auditorio da Casa-Museo Manuel María será escenario dun novo espectáculo musical este sábado, 16 de novembro. Desta vez o convidado será Brais Morán que levará a cabo un concerto en formato solitario (guitarra e voz) ás 20 horas.

Brais Morán, con  vinte anos de traxectoria musical e referente da música galega, repasará temas dos seus traballos Cruzando o eclipse (2015) e No mato do desespero (2018), así como outras composicións propias, alén dalgún clásico dos tempos de Loretta Martin, grupo funk do que foi fundador e integrante e con que gravou tres discos. As cancións de Brais están cheas de diferentes estilos que pasan polo rock, funk, soul, ritmos brasileiros, africanos e tradicionais galegos. 

Recentemente vén de presentar single, videoclip e novo espectáculo Disque ao So(u)l, carregado de Disco-Funk.

O billete (5 euros) para o concerto pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal