Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Os equipos de fútbol sala de Guitiriz conquistaron as finais da Supercopa da Terra Chá

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

Os equipos de fútbol sala de Guitiriz impuxéronse o domingo en todas as finais que desputaron na Supercopa Terra Chá, celebrada onte no Pavillón Municipal do municipio.

Os conxuntos benxamín, cadete, alevín e infantil de Guitiriz impuxéronse nas finais que desputaron, ofrecéndolle sendos triunfos ao seu público. Begonte, Xove, Vilalba, Castro e Outeiro foron os equipos que completaron a fase final.

Os resultados quedaron do seguinte xeito: Benxamín: Guitiriz 7-5 Begonte; Prebenxamín: Begonte 3-1 Castro; Alevín: Guitiriz 3-1 Vilalba; Infantil: Guitiriz 4-1 Outeiro de Rei; Cadete: Guitiriz 2-0 Xove.

Á entrega de trofeos acudiu a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o coordinador de Deportes da Terra Chá, Juan Somoza; e o capitán do equipo de xuvenís do Guitiriz F.S., Alberto Fraga, en representación de todos os equipos das Escolas Municipais de fútbol sala.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, quixo destacar “a felicidade que supón tanto para os rapaces como para seus pais e nais ver a seus fillos non ganar, senón ser felices xogando a seu deporte favorito. É un orgullo para todas e todos este triunfo, pero sobre todo ver aos nosos rapaces medrar persoalmente, a través dos valores que inculca o deporte. Desde o grupo de goberno quero parabenizar ás escolas deportivas, polo seu traballo diario, e tamén aos nenos e nenas, que á fin e ao cabo son os grandes triunfadores desta xornada”, salientou a alcaldesa.