Skip to main content
Actualidade

30 atletas do Club Atletismo Friol participaron na carreira de Negreira

Por 13 Novembro, 2019Sin comentarios

O pasado domingo 10 de novembro se disputou en Negreira a carreira popular de dita localidade, a chamada A Clásica e que é unha das máis importantes do calendario atlético galego en onde os representantes do Club Atletismo Friol participaban con casi trinta atletas, logrando un total de 5 podiums.

Así, a atleta máis destacada foi Nerea Lage, que lograba a victoria absoluta na carreira dos 5 kilómetros, sendo tamén a dominadora da categoría sub 18. Pola súa parte, María Carballido tomaba parte na proba de carácter internacional dos 10 kilómetros con presencia de atletas keniatas e portuguesas, e se facía ca séptima praza da xeral, sendo ademáis a terceira galega e tamén gañaba a categoría sub 20.

Nas categorías inferiores, Javier Lourés conquería a terceira posición na categoría sub 16, Ramón Loureiro facía o mesmo na categoría sub 12 e Aldara Ceide tamén se encaramaba o tercer escalafón do podium na mesma categoría.

Martín Díaz e Rebeca Vázquez eran cuartos na categoría sub 10, mentras que Samuel Villar entraba na séptima posición na categoría sub 12, Mara Montes era novena na mesma categoría, Noa Mouriz quedaba décima tamén na sub 12, Oihane Gómez era undécima na mesma categoría e Ariadna Paz entraba no posto 17. Tamén na categoría sub 12 quedaba no posto 38.

Pola súa banda, na categoría sub 14, Mateo Aguiar quedaba na undécima posición e Ánxela Maneiro entraba no séptimo posto. Por último era duodécimo na categoría sub 10 e Alba Menán se facía do decimoseptimo posto na mesma proba.