Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAMuras

Muras acollerá unha xornada de riscos laborais na agricultura e gandería

Por 14 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Muras celebrará a finais de mes, concretamente o día 30, unhas xornadas divulgativas de riscos laborais na gandería e na agricultura.

A sesión terá lugar entre as 16.00 e as 19.00 horas no Local Social de Muras e son gratuítas para todos os que desexen asistir.

Os interesados en asistir poden anotarse no concello por teléfono a través do número 982 500 001.

As charlas están organizadas en colaboración con Taprega e centraranse na LEI PRL e nas obrigas e responsabilidades legais establecidas por esta normativa.

Ademais, falarase dos criterios de inspección coas empresas do sector gandeiro e agrícola, as sancións interportas por neglixencias en amteria de prevención de riscos laborais, así como de accidentes de traballo e enfermidades profesionais propias do sector.

Segundo indicou o concelleiro socialista, Mario Rouco, “prodúcense moitos accidentes no sector que poden ser evitados cun pouco de atención e coñecementos, por iso optamos por esta charla, sobre todo ao ser un concello eminentemnete agrícola, gandeiro e forestal”.