Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Ofertados case un cento de cursos para profesionais do sector gandeiro e agroforestal

Por 14 Novembro, 2019Sin comentarios

Ofertanse case un cento de accións formativas, 96 en total, en 19 municipios lucenses dirixidas aos profesionais do sector agrario, forestal e gandeiro, nas que poden participar arredor de 2.000 persoas e cunha media de 20 prazas en cada unha.

En concreto en Castro de Rei ofértase o de Benestar animal e transporte de 20 horas, e en Vilalba un Talle C.R.D.O.P. San Simón da Costa. Actualización de técnica queixeira.

Así, a programación que se está a desenvolver neste segundo semestre do ano, trátanse dunha oferta de cursos cen por cen gratuíta e descentralizada, para evitar desprazamentos e incentivar a asistencia.

Multiplícanse notablemente os cursos que se imparten na provincia de Lugo, programando máis de 2.000 horas de formación. A importancia do sector agrícola e gandeiro en Lugo así como a evolución e especialización da agricultura, da silvicultura e da gandaría debido aos cambios, tecnolóxicos e ambientais, esixen un nivel axeitado de formación no sector ao que se pretende dar resposta con esta iniciativa.

A temática é variada e vai dende os cursos sobre manexo de produtos fitosanitarios ata os orientados a adquirir coñecementos sobre benestar animal, sobre xestión da empresa agraria, manexo de maquinaria, sensibilización ambiental, ou cursos especializados promovidos en colaboración cos consellos reguladores de calidade diferenciada, como os queixos do Cebreiro ou de San Simón da Costa.

Tamén hai cursos tecnolóxicos, como os orientados ao manexo da Oficina Agraria Virtual ou da Sede Electrónica da Xunta, que adquiren especial relevancia dado que cada vez son máis os trámites que os profesionais do medio rural deben realizar por medios electrónicos.

A relación de accións formativas e as características de cada unha poden consultarse na páxina web da Consellería do Medio Rural.